Aquí tenéis materiales pensados para trabajar la diversidad a través da película de Wonder. Publicado en Aula Paralaxe.
Hai uns meses recomendaba o libro La lección de August (R. J. Palacio) para os cursos
superiores de Primaria. Agora, vista Wonder, a película, recoméndoa tamén para esta etapa, con posibilidade de traballarse en Valores pero tamén en materias como Lengua Castellana, enfocando o traballo cara á expresión oral e escrita.

Podemos realizar este traballo como complemento tras a lectura do libro, ou de forma independente. A película consegue emocionar a grandes e pequenos, e presenta, como o libro, as dificultades de integración na escola dun neno cun síndrome que afecta ao desenvolvemento facial (baseado no Treacher Collins), o que supón malformacións óseas e musculares e unha fisionomía diferente que ao principio xenera rexeitamento entre os outros nenos e nenas.
Tanto o libro como a película removen emocións e potencian a empatía dos nenos e nenas que, ás veces, non son quen de entender a diferencia como un valor.
Por esta razón, comparto un material para traballar desde a materia de Valores ou deLengua Castellana a película, durante o visionado e despois do mesmo. Trátase dunhaficha en castelán con varios apartados para traballar a diversidade como enriquecedora, a expresión oral, plástica e a expresión escrita, con temática principal a interpretación de emocións e de actitudes.
- Notas sobre a película: Para anotar durante o visionado frases ou escenas que lles chaman a atención, compartilas oralmente ao remate da película establecendo un pequeno debate sobre o máis relevante e poder volver a elas, se é necesario, para realizar as actividades seguintes.
- O protagonista: August: Composición escrita sobre como se sinte August ao comezar a escola e a súa transformación ao longo do filme. Compleméntase cun retrato do protagonista ao que se engaden palabras que explican por que o queremos tanto.
- Outros personaxes: Descrición dos outros personaxes principais e as súas actitudes cara a August. Via, Jack Will, Summer e Miranda.
- Que aprendín da película? Reflexión escrita sobre que aprendín despois de ver e traballar sobre a película, e autorretrato ao estilo Wonder (pódense ensinar as ilustracións do libro, onde todos os personaxes aparecen con un só ollo).
Aquí vai o material en PDF e en DOC (Word), por se queredes modificar cousas. Agardo atopedes a película inspiradora, como o foi para min e para os meus nenos e nenas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario